O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, recibiu o luns, 16 de decembro, na Casa do Concello de Tui ao responsable da empresa Darlim S.L., Indalecio Cuevas Montes, que fixo entrega ao rexedor tudense de 500 quilogramos de alimentos de primeira necesidade, coma un xesto solidario desta empresa para aquelas persoas máis desfavorecidas do noso concello.
Moisés Rodríguez, que estaba acompañado da concelleira de Servizos Sociais, agradeceu este xesto solidario de Darlim que amosa o seu compromiso coa sociedade do seu entorno ofrecendo esta doazón que o Concello de Tui distribuirá a través do seu departamento de Servizos Sociais entre os sectores máis vulnerables da sociedade tudense. En nome do Concello e de todos os beneficiarios desta doazón o rexedor tudense agradeceu a sensibilidade desta empresa Darlim S.L. e do seu director xeral, Indalecio Cuevas Montes.
Sem comentários:
Enviar um comentário