quinta-feira, 26 de dezembro de 2013

O CONCELLO DE TUI EDITA UN ALMANAQUE CON FOTOGRAFÍAS DAS PARROQUIAS DO MUNICIPIO

O Concello de Tui edita, por terceiro ano consecutivo, un almanaque que contén fotografías do municipio. Este ano como novidade incluíronse fotografías a cor das diferentes parroquias do concello, con lugares tan emblemáticos coma a Ponte das Febres, de Ribadelouro, o petróglifo das Carneiras, de Baldráns, ou os Muíños do Río Tripes de Pazos de Reis. O calendario 2014 vai así mesmo dedicado ao Bispo Rosendo Salvado ao cumprirse o bicentenario do seu nacemento o vindeiro 1 de marzo.
O almanaque inclúe unha  relación de teléfonos de interese dos principais servizos municipais da Eurocidade Tui-Valença coma institucións oficiais, centros educativos ou museos.
O alcalde Moisés Rodriguez salienta o interese xerado coa edición deste almanaque,  que axuda a promocionar o patrimonio artístico e cultural do municipio e de cada unha das parroquias que o integran a través de fotografías a cor realizadas pola empresa fotográfica Difo de Tui.
As persoas interesadas poden retirar un exemplar deste almanaque na Casa do Concello e o mesmo se distribuirá tamén entre as asociacións e os colectivos do municipio. A súa distribución será gratuíta ata esgotar as existencias e so se entregará un exemplar por persoa.

Sem comentários:

Enviar um comentário