Este
domingo 22, a
partir das 17.00 horas, no pavillón deportivo municipal novo de Tui, terá lugar
o “I Festival Solidario de Nadal de patinaxe artístico”, organizado
polo Club Ribex Tui, en colaboración co Concello de Tui, SOS Baixo Miño e Cáritas
Tui.
Neste evento patinarán os distintos
grupos das escolas deportivas de patinaxe da Deputación de Pontevedra en Tui,
así como os grupos das escolas deportivas do Club Ribex de Tui, que estarán
acompañados da maxia dos personaxes de Disney.
A entrada para este evento
consistirá na doazón dun quilo de alimentos, para as asociacións SOS Baixo Miño e Cáritas
Tui. Estas asociacións solicitan o máximo apoio nestes momentos tan difíciles,
nos que necesitan sobre todo aceite, leite, fariña e legumes.
O Concello de Tui agradece ao Club Ribex
Tui a organización deste acto solidario, así como anima a tódolos tudenses a
acudir ao pavillón o domingo para gozar dunha xornada máxica de patinaxe.
Sem comentários:
Enviar um comentário