terça-feira, 17 de dezembro de 2013

Comezou onte o “Curso Federativo de Monitor de Fútbol Base” no que participan 28 futuros adestradores

O concelleiro de Deportes do Concello de Tui, Nicolás Lorenzo, e o director da Escola Galega de adestradores, Manuel Mosquera, participaron onte á tarde no acto de inicio do curso federativo de “Monitor de fútbol base” que comezou onte na cidade de Tui.
Participan nesta acción formativa un total de 28 persoas procedentes de Tui e a súa contorna (Baixo Miño, Gondomar, O Porriño, etc,) que asistirán a estas clases ao longo de máis de tres meses, combinando a formación teórica coas correspondentes prácticas deportivas.
O concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, salientou que unha das prioridades do seu departamento é precisamente a formación dos adestradores dos distintos clubs tudenses, polo que dicía que de cara ao próximo ano lles gustaría poder convocar unhas becas de formación facilitando así o acceso a cursos aos responsables dos distintos clubs. Manuel Mosquera, director da Escola Galega de Adestradores, agradeceu a boa predisposición do Concello de Tui para acoller este curso, ao tempo que eloxio as boas instalacións que ten a cidade. 

Sem comentários:

Enviar um comentário