É unha obra de teatro infantil coa música coma fío condutor
O Teatro Municipal de Tui acolle este venres, ás 20h, a representación de “Aurora” unha obra de teatro infantil da man de “Elefante Elegante”.
Elefante Elegante gañou este ano o premio María Casares ao mellor espectáculo con “Nuncabunga”, sendo a primeira vez que un espectáculo infantil se fai con este galardón. Hai un ano precisamente que Elefante Elegante estaba en Tui con esta obra agora galardoada e volve este venres co seu novo espectáculo.
As entradas están á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h, ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.
Elefante Elegante con “Aurora”
Data: Venres ás 20h
Lugar: No Teatro Municipal de Tui
Entradas á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h, ou o venres dende ás 18.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.
Sem comentários:
Enviar um comentário