O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, acompañado por varios concelleiros do equipo de goberno así como o Pedáneo da parroquia de Randufe mantiveron o pasado martes una xuntanza con representantes de ata dez colectivos sociais desta importante parroquia tudense.
Participaron nesta xuntanza os seguintes colectivos:
1. Asociación de Veciños
2. Asociación Cultural “Xuntanza”
3. Comisión de Festas da Guía
4. Comisión de Festas do Carrasco (San Pedro)
5. Comisión de Festas de As Bornetas (N. S. de Fátima)
6. Comisión Cemiterio
7. Asociación “Arco”
8. ANPA do C.E.I.P. de Randufe
9. Asociación “Muiñeiros do Tripes”
10. Comunidade de Montes
Participaron tamén os celadores de barrio así como o párroco, cun total de 44 asistentes a este encontro.
No decurso do mesmo os representantes das asociacións participantes puxeron en coñecemento dos representantes do goberno municipal a problemática desta parroquia tudense nun clima de diálogo construtivo entre os participantes co obxectivo de mellorar os servizos públicos neste territorio da parroquia de Randufe.
Esta xuntanza da continuidade á celebrada xa anteriormente na parroquia de Malvas e que responde ao desexo do Alcalde e o goberno municipal de manter un contacto directo co amplo tecido asociativo das once parroquias que conforma o municipio tudense para coñecer de primeira man as súas necesidades e aspiración.
Moisés Rodríguez valora moi positivamente esta xuntanza como a anterior en Malvas realizadas coa finalidade de achegar o goberno municipal ao veciños, de traballar conxuntamente polo desenvolvemento de Tui, por solucionar as problemáticas de cada parroquia, en moitos casos pequenas obras ou intervención necesarias para garantir unha axeitada calidade de vida nos cidadáns que residen nas parroquias rurais do municipio tudense.
Sem comentários:
Enviar um comentário