Este sábado, 28 de decembro, o Concello de Tui organiza unha visita guiada sobre a iconografía de Nadal que albergan algúns dos principais monumentos históricos tudenses.
A percorrido comezará ás 17h na Praza de San Fernando para logo visitar a Catedral de Santa María e os seus retablos e outros monumentos de gran valor artístico e histórico da cidade coma a igrexa de San Telmo, rematando a cita na igrexa de Santo Domingo.
Esta actividade estará a cargo do historiador tudense, José Ramón Fernández, e posibilitará un achegamento ao noso patrimonio dende unha perspectiva temática.
A actividade forma parte do programa de Nadal elaborado polo Concello de Tui e que se estende ata o 5 de xaneiro coa tradicional Cabalgata de Reis que un ano máis partirá desde Valença.
Sem comentários:
Enviar um comentário