quinta-feira, 5 de dezembro de 2013

MÁIS DE 700 CONSULTAS NA OFICINA MUNICIPAL DE TURISMO DE TUI NO MES DE NOVEMBRO

Un total de 742 persoas achegáronse á Oficina Municipal de Turismo de Tui o pasado mes de novembro, das cales 120 proviñan de turistas estranxeiros. Os veciños portugueses lideran a lista de visitantes de fóra das nosas fronteiras,  seguidos dos alemáns (17) e franceses (11). Aínda que en menor número, cómpre destacar a visita de turistas de países tan dispares coma Xapón, Canadá, Brasil ou Australia.
No que se refire aos turistas nacionais, que suman un total de 622, estes proveñen na súa maioría da propia comunidade galega, aos que lle seguen os chegados da Comunidade Valenciana (112), Madrid (111) e Castela e León (66).
Por outra banda, este mes case de inverno de novembro seguiu a contabilizar peregrinos do Camiño Portugués, que ben pasaban ou partían da cidade de Tui. A meirande parte dos camiñantes proviñan de fóra de España, un total de 71, liderados polos portugueses e seguidos de Alemaña e Australia. En canto aos peregrinos nacionais, 31 en total estes eran principalmente galegos e andaluces.
A cidade de Tui continúa así o recibimento de consultas tanto nacionais coma estranxeiras, cantidade que se espera manter neste mes que entra caracterizado polo Nadal, mes provisto con variedades de actividades propias destas datas e que esperan aumentar o número de visitantes .

Sem comentários:

Enviar um comentário