quinta-feira, 5 de dezembro de 2013

O Club Atletismo Tui-Thermalia fai entrega de alimentos á Cámara de Valença pola II Eurocidade 10

Rafael Pérez, presidente do Club Atletismo Tui-Thermalia, fixo entrega de alimentos por valor de ao redor de 350€ aos servizos sociais da Cámara de Valença, nun acto nel que estiveron presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo, o vereador de deportes de Valença, José Monte, e os concelleiros do grupo de goberno José Ángel Villaverde e Olga Montes.
O club tudense, organizador das carreiras de dez quilómetros Eurocidade 10, xunto á Eurocidade Tui-Valença, comprometeuse a doar unha parte das inscricións desta proba deportiva a unha entidade benéfica. En concreto, neste ano aos servizos sociais da Cámara de Valença, dado que a saída e chegada foi neste municipio. Para a próxima edición, que realizarase o oito de xuño de 2014, esta doazón recaerá nunha asociación solidaria tudense.
A Eurocidade Tui-Valença expresa a súa gratitude ao Club Atletismo Tui-Thermalia por esta acción solidaria, tan necesaria nestes tempos de dificultade que estamos vivendo.

Sem comentários:

Enviar um comentário