O pasado venres 20, ás 19.00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Tui, tivo lugar o acto de entrega das Bolsas aos Deportistas Tudenses de Alto Nivel.
Este é o segundo ano que o Concello de Tui aposta por estas axudas con fin de facilitar aos deportistas tudenses de elite a práctica deportiva e a súa participación nas competicións de alto nivel, acadando así valorar a súa especial dedicación ao deporte e, á súa vez, á difusión que realizan da cidade de Tui en aqueles eventos deportivos de caracter nacional e internacional.
No presente ano o presuposto destas bolsas foi de 12.000€, variando os importes entre os 300€ ata os 1.500€, dependendo dos éxitos acadados no 2013 polos quince deportistas.
Os deportistas beneficiarios das bolsas son:
1. Iván Alonso Lage
2. José Luís Bouza Pregal
3. Óscar Carrera Amandi
4. Nuria Domínguez Asensio
5. Leticia Fernández Barbosa
6. Cristian Fernández Pumar
7. Manuel Garrido Barbosa
8. Jesús González Álvarez
9. María Cristina González Álvarez
10. Diego Piña Esteves
11. Leticia Piña Esteves
12. David Prada Fernández
13. Alfonso José Riveiro Cabaleiro
14. Gustavo Rodríguez Iglesias
15. Valeria Romero Gómez
No acto estiveron presentes o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo, xunto a outros concelleiros de Tui, así como os deportistas que reciben as bolsas.
Sem comentários:
Enviar um comentário