Este xoves, 19 de decembro do 2013, no Teatro Municipal de Tui, celebrarase o tradicional Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música e do Conservatorio Profesional de Música de Tui.
Será a partir das 20:00h, a entrada é libre e gratuíta ata encher o aforamento, haberá que retirar as entradas dende media hora antes do acto. Coma todos os anos, tamén media hora antes, entregaranse os resultados do primeiro trimestre aos alumnos dos Centros.
Este ano, coma novidade, por parte da Comunidade Educativa de ámbolos dous centros de educación musical, renderáselle unha pequena homenaxe, coa entrega dun diploma acreditativo, a persoas relacionadas co mundo da música que levan, ao longo do tempo, traballando a prol da música ,da súa difusión e transmisión.
Neste ano, as persoas homenaxeadas serán:
D.Ricardo García Fernández, Cóengo emérito da Catedral de Tui.
D. Antón Corral Martínez, artesán, mestre, compositor e músico.
Sem comentários:
Enviar um comentário