terça-feira, 17 de dezembro de 2013

CLAUSURADO ONTE O CURSO DE ASESORAMENTO E FORMACIÓN A MULLERES EMPRENDEDORAS

Onte á tarde foi clausurado pola concelleira de Servizos Sociais, Olga Montes Moldes, o curso de asesoramento e formación dixital para mulleres emprendedoras que promoveu a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, coa colaboración do Colexio Profesional de Enxeñería en Informática de Galicia,  no marco do programa Rede-Emprende en Igualdade para mellorar as capacidades de emprendemento  e busca de emprego feminino a través do fomento e coñecemento das competencias e formación tecnolóxica e redes sociais .
Un total de dezaoito mulleres de Tui e a súa contorna participaron nesta acción formativa que mellorou a súa formación en materia dixital e que repercutirá positivamente na súas capacidades de cara a inserción no mercado laboral. As asistentes recibiron formación e asesoramento en Internet e redes sociais, novas tecnoloxías e emprendemento, novas tecnoloxías e busca de emprego e redes e transposición de experiencias, fomentando así a súa adaptabilidade e competitividade no mercado actual.
Este curso respondeu ao compromiso asumido pola Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella, na súa visita a Tui para a clausura do curso da formación da Rede Cedim hai escasamente dúas semanas, onde as participantes naquela actividade solicitaron unha maior formación en materia de alfabetización dixital.

Sem comentários:

Enviar um comentário