O deporte tudense celebrou o pasado venres no teatro municipal a súa festa particular, que congregou non só aos mellores deportistas do ano, se non a presidentes, directivos e deportistas de tódolos clubs tudenses, responsables de empresas deportivas, e olímpicos tudenses.
A gala comezou coa actuación dun trío de ximnastas do Club Flic Flac de Vigo, que deleitaron a tódolos presentes cunha espectacular exhibición de ximnasia acrobática.
Despois de visualizar un vídeo do deporte base tudense, o discurso emotivo do concelleiro de deportes, Nicolás Lorenzo, que agradeceu a aqueles que fixeron posible tódolos éxitos acadados nestes últimos anos, deu paso ao homenaxe a oito persoas que contribuíron, entre outros, na base do deporte actual en Tui, José Manuel Quinta, Juan Carlos Solla, Julio Sousa, José Martínez, Juan José Ricón, Segundo Gonzalez, Juan Ramón Solleiro e José Prada.
Tras a actuación dos integrantes do grupo de zumba do ximnasio DiSom Tui, empezou a entrega das mencións e premios a Agrudebam, Thermalia (mellor firma colaboradora), Club Baloncesto Tui (mellor club na promoción do deporte base), Luís Fernández (mellor promesa masculina), Uxía Pérez (mellor promesa feminina), Club Balonmán Tui (mellor club), Manuel Pedrares (mellor adestrador), Ana Rodríguez (recoñecemento á carreira deportiva), Leticia Fernández (mellor deportista feminina) e Iván Alonso (mellor deportista masculino).
Para rematar, o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, felicitou aos deportistas premiados, así como agradeceu o traballo realizado polos clubs deportivos nestes momentos difíciles nos que estamos.
Para rematar, tódolos premiados e homenaxeados volveron a subir ao escenario do teatro para facer a foto de familia e volver a recibir o aplauso do público.
O Concello de Tui felicita aos clubs e deportistas do noso concello polo excelente traballo realizado neste ano, así como agradece a tódalas persoas que fixeron posible a realización desta segunda edición da gala do deporte.
Sem comentários:
Enviar um comentário