O Concello de Tui destina unha significativa partida dos seus orzamentos para colaborar economicamente co funcionamento de diversos servizos y colectivos destinados á atención social de Tui e a súa contorna. Concretamente 28.804 euros son investidos neste ámbito, cun incremento neste anos de máis dun 10%.
Con estas achegas se colabora a través dun convenio específico con entidades como Aceesca, A Asociación Española contra o Cancro, Avelaíña, Asociación de Alcohólicos Rehabilitados, San Xerome Emiliani, Aceesca, Asociación de Solidariedade co Pobo Saharauí, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer. Asociación de Persoas con Discapacidade Vontade, Asociación Un mais, Cruz Vermella do Baixo Miño xunto á Cruz Vermella Portuguesa de Valença ou a Asociación de Bombeiros Voluntarios de Valença.
Na maña de hoxe o alcalde e outros membros do goberno municipal reuníronse con representantes destes colectivos aos que expresaron o recoñecemento deste Concello ao labor que desenvolven nas diversas áreas de servizos sociais e a todas as persoas que, a través do asociacionismo, participan activamente na vida de Tui, colaborando de forma salientable na mellora da calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, completando deste xeito o labor que realiza neste ámbitos os servizos sociais municipais.
O goberno local con estas subvencións apoia a importantísima labor que este amplo abano de colectivos realizan na nosa cidade colaborando na atención a veciños e veciñas de Tui, en moitos casos en situacións de especial vulnerabilidade, testemuñando o importante compromiso que mantén o Concello tudense en materia de servizos sociais. Pois xunto a esta partida de máis de 28.000 euros destinada o apoio o movemento asociativo o Concello a través dos servizos sociais comunitarios municipais, atende a veciños e veciñas de Tui que se enfrontan a situacións xeradoras de dificultades, para a cobertura de necesidades de carácter básico e coopera tamén con programas e actividades especificas dos devanditos colectivos e doutras entidades ao longo do ano, achegando máis medios económicos, humanos e materiais.
Sem comentários:
Enviar um comentário