A mestra Clara Torres Martínez foi escollida polo Concello de Tui para pronunciar no ano 2014 o pregón das festas de San Telmo que terá lugar o sábado 20 de abril. Clara Torres posúe unha dilatada experiencia como profesional do mundo do ensino na nosa cidade e colabora con asiduidade en numerosas iniciativas de carácter social e cultural no noso concello.
Clara Eugenia Torres Martínez (Areas, 9 de xullo de 1942), filla do mestre daquela parroquia, José Torres, e de Sofía Martínez. O ambiente familiar propiciou que Clara e os seus irmáns (Ofelia, Maruja e José) se dedicasen todos o mundo do ensino.
Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade a Distancia Especialista en Educación Infantil e en Lingua Galega, exerceu como profesora en Tui dende o ano 1980 ata a súa xubilación no ano 2003.
Promotora de seminarios permanentes de Educación e fundadora da Asociación de Innovación Educativa “Ponte Internacional de Tui” (ARPIT). Segue na actualidade colaborando con iniciativa do mundo do ensino con publicacións, cursos, etc.
En recoñecemento ao seu labor o Colexio Rural Agrupado de Tui leva o seu nome “Mestra Clara Torres”.
Na actualidade colabora semanalmente coa Radio Municipal de Tui, na súas palabras “o seu maior orgullo na actualidade…”.
O Concello de Tui está xa traballando na preparación dos festexos na honra de San Pedro González Telmo que neste ano terán lugar o luns 28 de abril e que posúen unha tradición de varios séculos converténdose nunha referencia imprescindible do calendario festivo do sur de Galicia e Norte de Portugal.
Sem comentários:
Enviar um comentário