A próxima semana, o mércores 17 e xoves 18, celebrarase na Área Panorámica de Tui un Obradoiro de Autoemprego e Cooperativismo no Eido Rural dentro do proxecto “aQuelando3” promovido pola Deputación de Pontevedra contando neste caso coa colaboración do Concello de Tui.
O obxectivo desta actividade é fomentar a creación de servizos de proximidade e promover o autoemprego no eido rural. Ao tempo perséguese dotar aos participantes de ferramentas eficaces para a creación de cooperativas, promover o espírito emprendedor prestando apoio directo á creación de emprego con base na economía social, así coma captar a atención de emprendedores potenciais para que poidan poñer en marcha a súa idea de negocio.
Este obradoiro vai dirixido a principalmente a persoas desempregadas, especialmente xente nova e mulleres, así coma aos novos emprendedores tanto de Tui coma de todo o Baixo Miño. Na xornada do mércores 17, de 9.30h a 13.30h, abordarase a axuda na detección de necesidades e de ideas de negocios innovadoras, o asesoramento empresarial 2.0 da Deputación de Pontevedra, e a exposición de casos prácticos de autoemprego. Mentres o xoves 18 no mesmo horario trataranse as fórmulas de autoemprego, a xestión de cooperativas e axudas ao emprendedor.
Os interesados deben inscribirse no departamento de Emprego e Desenvolvemento Local no Concello de Tui ou no teléfono 986 60 36 25 ext. 55
Sem comentários:
Enviar um comentário