O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, na súa calidade de deputado provincial, fixo entrega esta semana dun cheque de 5.900 euros á superiora da Residencia San Telmo, xunto á tamén deputada Marta Iglesias e aos concelleiros tudense Olga Montes e José Ángel Villaverde.
Esta achega da institución provincial sumase aos 15 mil concedidos nos últimos días a esta residencia tudense para a adquisición dunha lavadora de gran capacidade que no centro precisan para atender as tarefas diarias do mesmo, onde viven 119 residentes e 12 irmás.
O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, salientou a colaboración que un ano máis presta a Deputación de Pontevedra á Residencia San Telmo, que destacou realiza unha gran labor ao longo do ano coas persoas que alí residen.
Xunto co alcalde e a deputada achegouse tamén ata Residencia San Telmo un grupo musical que amenizou a mañá aos anciáns que viven no centro animándose moitos deles a bailar ao son da música.
Sem comentários:
Enviar um comentário