O Concello de Tui lembra que ata o próximo 10 de xaneiro, tal e coma figura na ordenanza municipal, está aberto o prazo para a renovación anual dos postos de venda no Mercado Semanal dos Xoves en Tui.
Tal e coma Regulamento de Venda Ambulante do Concello de Tui as solicitudes presentaranse no modelo normalizado aprobado polo Concello, no que constarán o nome e apelidos, domicilio aos efectos de notificación cando non coincida co habitual, número do Documento Nacional de Identidade e letra de Identificación fiscal ( N.I.F.), ou do Pasaporte en vigor, no seu caso. Tamén debe figurar o tempo polo que se solicita a autorización, o emprazamento no que se pretende exercer a actividade, as mercadorías ou artigos que pretende sexan obxecto da venda, así coma as dimensións do espazo de ocupación indicándose a venda se realizará en posto desmontable ou dende vehículo ou furgón.
Os solicitantes deben estar dados de alta no réxime correspondente da Seguridade Social e, no seu caso, do imposto de actividades económicas; cumprir cos requisitos da regulamentacións de cada tipo de produtos, estar en posesión, no seu caso, do certificado acreditativo de ter recibido formación en materia de manipulación de alimentos, así coma satisfacer as taxas e tributos fixados na correspondente ordenanza municipal e dispor de seguro de responsabilidade civil, entre outros.
A ordenanza completa pódese consultar na páxina web do Concello de Tui (ver ordenanza).
Sem comentários:
Enviar um comentário