O Concello de Tui informa que mañá xoves, 18 de decembro, a Xunta de Galicia vai realizar unha serie de actuación no centro de extensión de cobertura da TDT de Matelo, en Tui, para cumprir co proceso de liberación do Dividendo Dixital.
Mañá apagaranse nese centro as frecuencias de emisión actuais e acenderanse as novas frecuencias asignadas. Estes cambios afectarán sobre todo a Malvas e Pexegueiro. Os veciños deberán dispor da cobertura axeitada deste centro de TDT de Matelo (Pódese confirmar a calidade da cobertura no 981 572 154 ou en www.tdtgalicia.es). Logo terán que realizar unha busca das novas canles no receptor da TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción. Así mesmo, para poder ver as canles que emiten en alta definición será necesario, ademais, dispor dun receptor con sintonizador de alta definición HDTV.
A nova distribución da canles que mañá serán acendidas é a seguinte:
Canle 31 (RGE): TVE1, TVE2, Clan, 24h e TVE1HD
Canle 39 (MPE2): A3, La Sexta, Neox, Nova, A3HD, La Sexta HD
Canle 58 (MUX AUTONOMICO): TVG, G2, VTelevision.
Canle 43 (MPE3): T5, Cuatro, FDF, Divinity, T5HD, CuatroHD
Canle 46 (MPE1): Disney Channel, Paramount Channel, Discovery Max, 13TV
Canle 54 (RGE2): TVE1HD, TDP (Teledeporte), TDPHD
Deste cambios beneficiaranse máis de 500 veciños de A Cruz, A Devesa, A Estrada, Paderne, Recarei e Sambade en Malvas, e de A Corredoura, Carraveda e Vilanova en Pexegueiro.
Sem comentários:
Enviar um comentário