Este venres, 26 de decembro, ás 21h terá lugar no Teatro Municipal de Tui a última cita da programación cultural de 2014 será o tradicional Concerto de Fin de Ano.
Dende hai máis dunha década a Coral da S.I. Catedral baixo a dirección de D. Agustín Sobral e a Banda de Música Popular de Tui baixo a batuta de Adolfo Besada, serán as responsables desta despedida musical.
O Concerto comezará coa actuación da Coral da S.I. Catedral, acompañada ao órgano por D. Ángel Viro Caamaño, que interpretará un programa formado por pezas populares xunto a composicións de Pachebel, Franz Gruber ou Posse, pechando a actuación con “Tui, mira si te querré”. A continuación de xeito conxunto a Coral e a Banda de Música Popular de Tui interpretarán o “Himmo a San Telmo”.
Xa na segunda parte do concerto a Banda de Música Popular de Tui interpretará un programa dedicado integramente a composicións da familia Strauss, no que coma cada ano non faltará de seguro algunha sorpresa.
As entradas para este concerto están xa á venda en www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou poderán mercarse no despacho de billetes da Área Panorámica dende ás 19.30h ao prezo de 3,5€ e 2,5€.
Concerto de Fin de Ano
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Data: Venres, 26 de decembro, ás 21h
Recomendada: público familiar
Duración: 150 minutos
Venda de entradas: en www.culturatui.info ata o venres ás 13h ou o venres dende ás 19.30h no despacho de billetes ao prezo de 3,5€ e 2,5€.
Sem comentários:
Enviar um comentário