Este sábado dia 27, Carlos Vázquez Padín, voceiro de Converxencia 21 no concello de Tui e candidato á alcaldia nas eleccións do vindeiro maio presenta o seu libro "Por un Tui próspero" o evento celebrarase ás oito da tarde na sala Félix Rodríguez sita na traseira da Área Panorámica.
No libro exponse a sua visión sobre a problemática política, económica e social de Tui, tamén inclue a proposta da aplicación de determinadas políticas para resolver eses problemas e conseguir o obxectivo da prosperidade.
O acto está organizado pola GALIDEM, think tank galego, membro do European Liberal Forum, asociación que agrupa aos principais think tanks liberais do continente. O acto será presentado por Fernando del Rio, prologuista do libro, profesor de economía na USC e presidente da GALIDEM.
in INFOMINHO
Sem comentários:
Enviar um comentário