terça-feira, 2 de dezembro de 2014

Comezaron as tarefas de desbroce previas ao valado das obras no tramo I da VAC en Areas

Esta mañá comezaron as tarefas de desbroce no tramo I da VAC Tui- A Guarda na parroquia de Areas, no termo municipal de Tui. Tras estes traballos iniciarase tamén o valado de toda a zona de obras. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, anunciaba xa a semana pasada o inicio inmediato destas obras tras a reunión mantida o martes pasado coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez.
O alcalde, Moisés Rodríguez, explicou que deste xeito dase resposta as demandas da Plataforma de Afectados e dos veciños que viñan reclamando maior seguridade na zona, así coma a sinalización de todo o tramo de obras.

Sem comentários:

Enviar um comentário