Catro concelleiros da corporación municipal de Tui viaxaron nos últimos días ata a localidade alemá de Versmold, coa que Tui está irmanada, tras o convite recibido dende este municipio.
O tenente alcalde de Tui, José Ángel Villaverde, a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, o voceiro do PSdG-PSOE, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Alternativa Tudense, Telmo González, integraron a delegación tudense que aproveitou esta ocasión para estreitar lazos coa nova corporación de Versmold que tomou posesión dos seus cargos hai uns meses.
Os corporativos tudenses tiveron ocasión de visitar dúas industrias locais, unha dedicada ao cartonaxe e outra do sector cárnico. O programa incluíu tamén a visita a un tradicional mercado de Nadal. Amais no restaurante Los Amigos os concelleiros tudenses estiveron con tudenses que traballan en Versmold con quen falaron do seu traballo, do trámites que tiveron que realizar para ir traballar a Alemaña ou do proceso de busca de aloxamento na cidade.
Neste encontro estreitáronse os lazos de amizade establecidos entre as dúas cidades que seguirán profundándose no próximo ano.
Sem comentários:
Enviar um comentário