O concello de Tui está a ultimar as bases para sacar un concurso de
ideas para o deseño dunha zona verde e aparcamento subterráneo na
parte traseira da Área Panorámica. Dos 7 mil metros que ten a
parcela 1.800 será ocupado polo novo centro de saúde tudense e o
resto, 5.200m2 destinarase a zona verde tal e coma está contemplado
no PXOM.
No
subsolo está prevista a construción dun aparcamento soterra, que no
seu día sairá a concurso. Un estudio de viabilidade co que contan
no Concello recolle un aparcamento de tres andares no que terán
cabida preto de 500 prazas de estacionamento.
O
alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, sinala que a parcela traseira da
Área Panorámica conxugará a medio prazo un espazo de servizos co
ubicación do novo centro de saúde arestora en construción e que
deberá estar rematado dentro dun ano, cunha zona verde para uso e
disfrute dos cidadáns co aproveitamento do subsolo cun aparcamento
soterrado que no seu día será sacado a concurso.
Sem comentários:
Enviar um comentário