Mañá xoves, 10 de marzo, ás 11.00 horas, na sala de reunións do Concello de Tui, terá lugar a presentación da “Transgalaica Tui 2016 ”, proba competitiva de ciclismo de montaña organizada polo Club Ciclista de la Fuente e Team Relay, en colaboración co Concello de Tui e a Federación Galega de Ciclismo. Celebrarase este domingo, 13 de marzo, dende as instalacións deportivas da Macoca, en Pazos de Reis.
A presentación correrá a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Laureano Alonso, o presidente da Entidade Local Menor de Pazos de Reis, Enrique Pérez, o presidente e o secretario do Club Ciclista de la Fuente, Dean Flecher e Xavier Martínez, respectivamente, así coma do responsable de Team Relay, Javier Sánchez.
Sem comentários:
Enviar um comentário