O municipio de Tui foi o único da comarca onde subiu a poboación en 2015 segundo recolle o Instituto Nacional de Estatística nas Cifras oficiais de población resultantes da revisión do Padrón municipal a 1 de xaneiro de 2015, que foron publicadas o pasado mes de decembro.
Tui comezou 2015 con 17.013 habitantes, son 129 máis que en 2014. Mentres o resto da comarca perdeu poboación. O municipio con maior descenso foi A Guarda que pasou de 10.314 habitantes en 2014 a 10.193 en 2015, é dicir 121 menos. No Rosal hai 49 persoas menos no municipio que rexistra unha poboación de 6.406. Tomiño ten 13.662, son 45 menos que en 2014, e en Oia a redución foi de 34 persoas pasando de 3.042 en 2014 a 3.008 habitantes o ano pasado.
En conxunto o Baixo Miño, segundo os datos do INE, ten unha poboación de 52.297, son 119 habitantes menos que en 2014.
in Rádio Tui
Sem comentários:
Enviar um comentário