domingo, 11 de setembro de 2016

Cintaadhesiva en Tui

Cintaadhesiva é un espectáculo que conxuga diversas disciplinas como as artes escénicas, a poesía, a música e a videoarte. Ten como base os ámbitos literario e musical, xa que se trata do proxecto orixinal da escritora Silvia Penas e o músico Jesús Andrés Tejada. 
Unha parte importante do conxunto son textos poéticos integrados na música (non acompañados pola música). O espectáculo intercala tamén temas cantados compostos polos mesmos autores. 
Cintaadhesiva podería inserirse no xénero recentemente incorporado “e-poesia”: poesía con música elecrónica, xa que a electrónica é a base principal das composicións de Jesús Andrés, con reminiscencias do post-rock, dream-pop, ambient...
Un concerto de Cintaadhesiva é unha experiencia moi completa, de grande intensidade, onde o espectador ou espectadora pasa da ironía e o sorriso cómplice á desolación, da nostalxia á rabia desesperada, do espello da honestidade ao espello da vergoña. Unha reflexión poética acerca da vida e das formas de actuar do ser humano.
socios/as beta 5€
socios/as betuneiros/as de balde

Sem comentários:

Enviar um comentário