sábado, 10 de setembro de 2016

Malandra en Tui

Malandra é un dúo musical formado por Su Garrido Pombo (voz) e Miguel Fraile (guitarra). Os seus dous compoñentes xa pisaron innumerables escenarios, sempre apostando por unha música sen complexos e por unha comunicación directa e sinceira co seu público. O seu estilo musical é a fusión dos estilos máis traballados por cada un deles: por parte de Su: a canción de autor, o folk, o jazz; por parte de Miguel, o clásico, o jazz ou o flamenco. Bosas, standards de jazz, renacemento español, versións de Camarón ou Raimundo Amador, siempre co toque particular Malandra, conforman o seu repertorio, ademáis dalgunhas pezas propias.
Su Garrido Pombo é unha música e compositora de Vigo. Estudou guitarra e máis tarde Musicoloxía e Historia da Arte na Universidad de Salamanca e Florencia. A súa música levouna a diferentes países de Europa e América, primeiro como membro do grupo Folk "Lembranzas Galegas" e máis tarde como membro do grupo Sonhos. As súas composicións obtiveron premios como el 2º posto no concurso Internacional de música MAPFRE Viveparacumplirlo co seu tema "Linda" ou o 3º posto no concurso GZcrea National Music Competition coas súas cancións "Maria" e "Eu non sei". Actualmente continúa a súa carreira en solitario ofrecendo xiras en Galicia e Dublín e co seu dúo Treme co que ganharon o premio Música Xove de Santiago de Compostela, entre otros.
Miguel Fraile comezou a súa carreira na Escuela de Música de Cuéllar (Segovia), terminou o grao profesional en guitarra clásica en Segovia e actualmente termina os estudos superiores no CSM de Vigo. Dende os seus inicios interesouse por outros estilos musicales como o flamenco e o jazz, así como por outras disciplinas como a dirección de orquesta ou a composición. Coa guitarra clásica obtivo premios como o 3º posto no "XV Concurso de Música de Benidorm" ou o premio "Nicomedes García" ao mellor músico da súa xeración. Destacan as súas actuacións no teatro 
Gonzalo de Berceo, en Logroño, e a súa actuación no "XV Festival de la Guitarra Villa de Petrer", en Alicante. Actualmente compaxina Malandra con diversos grupos de improvisación libre.

Sem comentários:

Enviar um comentário