A Oficina Municipal de Información Turística do Concello de Tui, situada na Praza de San Fernando, e o Punto de Información Turística, na Praza da Inmaculada, recibiron durante o mes de agosto a máis 16 mil persoas que se achegaron ata este punto. Do total de 16.019 consultas realizadas 13.605 foron realizadas por turistas e 2.414 por peregrinos.
No turismo nacional destaca sobre todo a presenza de madrileños, barceloneses, valencianos e sevillanos. Mentres no internacional Portugal, Alemaña, Francia e Italia foron os principais países de orixe, aínda que houbo turistas de ata 37 nacionalidades coma Tailandia, Xapón, Lituania, ou Sudáfrica.
En canto os peregrinos que se achegaron ata a Oficina de Turismo para realizar unha consulta 1.586 eran estranxeiros e 828 españois. Os día de maior afluencia na oficina tudense foron o martes 23 de agosto cun total de 737 consultas, e o venres 19 con 721.
Compre salientar amais que segundo os datos da Oficina de Acollida do Peregrino Tui foi no mes de agosto o segundo lugar de partida de peregrinos cara Santiago, despois de Sarria, con 4.027 persoas.
O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, salienta o positivo balance do turismo no mes de agosto, e excelente acollida que tiveron iniciativas coma as visitas guiadas gratuítas ou o tren turístico. Tamén salienta que o numero de consultas deste mes de agosto duplica ás 8 mil rexistradas no mesmo mes de 2015.
Sem comentários:
Enviar um comentário