Mañá sábado, 24 de setembro, celebrarase o “II Torneo de Xadrez da Eurocidade”, un evento que comparten dúas cidades en dous países, un formato organizativo único no mundo.
Organizado por Xadrez Galego, conta coa colaboración da Eurocidade Tui-Valença e os clubs tudenses, Club Xadrez Tui e Club Xadrez Infortui, e nesta segunda edición contará con 120 xogadores de Galicia e Portugal, destacando a presencia de varios mestres internacionais e campións galegos e portugueses.
O torneo disputarase dende ás 10h en Tui, na Sala de Exposicións da Área Panorámica. As rondas finais celebraranse pola tarde, a partir das 16.00 horas españolas, nos xardíns de Valença.
A partir das 20.00 horas españolas realizarase o acto de clausura, coa entrega de premios, trofeos e outros obsequios entregados polas casas colaboradoras.
A maiores da celebración do torneo, realizaranse outras actividades de promoción do xadrez, con partidas rápidas con todas as persoas que queiran achegarse a ver o torneo e xadrez xigante para os máis cativos.
Sem comentários:
Enviar um comentário