Este sábado á Asociación Cultural Betún coa colaboración da concellería de cultura de Tui e Estrella Galicia tomamos a praza de Frómista para enchela de boa música da man do increíble Víctor Coyote que desta ocasión virá acompañado de Ricardo Moreno, batería de bandas míticas como Los Ronaldos, Mastretta, Josele Santiago ou Fangoria.
A traxectoria musical de Victor Coyote é longa. Comezou nos anos 80, no momento en que estallaba a "Movida madrileña". Los Coyotes, o grupo do inquedo Víctor, declararon inaugurada a escena punkabilly da época, para, tres anos despois, destrozar esa reputación a base de ritmos latinos e teorías panamericanistas. Nesa étapa da súa carreira, adiantou un ideario musical que despois farían triunfar outros artistas, aderezado de "horterismo con clase" nuns casos ou de "compromiso político-turístico" noutros. Desta época son os seus éxitos menores "Cien guitarras" ou "Esta Noche me Voy a bailar".
Os Coyotes disólvense no ano 1991 e Victor comenzou unha carreira en solitario caracterizada polo que xa tiña defendido no grupo: a incoherencia musical máis coherente. Isto é, intentar non aburrir ao público, intentar ao mesmo tempo que éste o siga nos seus movementos e intereses musicais e, sobre todo, practicar a fe na música popular antiga e moderna.
Sem comentários:
Enviar um comentário