Estes días estase a realizar o asfaltado do camiño que une O Remesal e Casas Novas na parroquia de Randufe. Deste xeito o único barrio desta parroquia que quedaba unido por un camiño de terra pasará a mellorar a súa comunicación. Esta actuación supón un investimento superior aos 46 mil euros financiados ao abeiro do Plan Marco: Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias-2016, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), ao abeiro do PDR de Galicia 2014-2020.
Por outra parte con fondos municipais o próximo luns executaranse obras na rúa Casal Aboy. Tratarase da supresión dun paso de peóns e do pintado das prazas de estacionamento, actuacións necesarias ante a próxima apertura do novo centro de saúde. Debido a estes traballos a rúa Casal Aboy estará pechada á circulación e ao estacionamento dende o cruzamento coa rúa Colón até o cruzamento coa rúa Compostela.
Sem comentários:
Enviar um comentário