O polifacético Carlos Blanco e o humorista gráfico Luís Davila soben de novo ao escenario para servir o “Menú da noite”. Coma prato principal está o humor en perfecta maridaxe co enxeño de cada un deles. Nos ingredientes non falta un sacho, o caldo, o smóking, ou o claqué, ... nunha viaxe a Broadway na que se conxuga a receita perfecta.
Autor, director e música: Carlos Blanco
Escenografía: Luís Davila
Son e iluminación: Dani Jucal
Elenco: Carlos Blanco e Luís Davila
Xénero: Comedia
Clasificada: Público adulto
Recomendada: + 14 anos
Duración: 80 min.
Idioma: Galego
Prezos: 10€ - 8€
Sem comentários:
Enviar um comentário