quarta-feira, 14 de outubro de 2009

A EXPOSICIÓN “A DIVINA COMEDIA” DE SALVADOR DALÍ ATRAE MUITOS VISITANTES EN TUI

A exposición “A Divina Comedia” de Salvador Dalí está a atraer a numerosos visitantes neste dias á localidade de Tui. Dende principios de mes a colección pode ser visitada na Sala de Exposicións (Edifício Área Panorámica), onde os interesados poden gozar das 100 xilografías desta mostra do artista catalán baseada no texto clásico de Dante. “A Divina Comedia” data de 1960-1964 e pode ser visitada na cidade grazas á colaboración do Concello de Tui e Caixanova. Dende a súa apertura foron máis de 700 os visitantes, que se multiplicaron na fin de semana e o luns festivo.
Aquelas persoas que desexen gozar desta exposición poderán facelo en horario de apertura da Sala Municipal de Exposicións entre 09:00  e 14:00 horas e pola tarde de 16:30 a 20:30 horas e de 17:00 a 20:30 horas os domingos e festivos. A mostra poderá ser visitada ata o vindeiro 25 de Outubro, data da  súa clausura. (...)

Sem comentários:

Enviar um comentário