Dende hoxe e ata o vindeiro 5 de novembro no zona Anexa da Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui (edificio Área Panorámica – rúa Colón, 2) pódese visitar a exposición titulada “O patrimonio marítimo de Galicia”, producida pola Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial coa colaboración do CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia) para a súa itinerancia por Galicia adiante, e que chega a Tui coa colaboración da Concellería de Cultura tudense.
Sem comentários:
Enviar um comentário