A Deputación de Pontevedra e a Associação de Municípios do Vale do Minho, a través da asociación transfronteiriza Uniminho, desenvolveu onte, na Área Panorámica de Tui, unha Mesa Redonda baixo o lema “Emprendedorismo e Desenvolvemento Local” co obxectivo de debater o apoio a emprendedores na área Unimiño, así como presentar instrumentos e metodoloxías de soporte ao emprendedorismo.
Desta forma, preténdese establecer sinerxías no territorio que contribúan á aparición de novos espazos de cohesión, de cara ao desenvolvemento de proxectos de cooperación a presentar na próxima convocatoria do POCTEP, así como crear e coordinar unha rede de cooperación no Val do Miño Transfronteirizo envolvendo o tecido institucional do espazo Unimiño.
As principal conclusión desta primeira xornada celebrada foi o establecemento dunha rede de intercambio metodolóxico que se materializará a través da páxina web da entidade Uniminho e que estará formada polos asistentes a esta mesa de traballo. Esta iniciativa quedou establecida considerando que o emprendedorismo é unha actividade estratéxica e un obxectivo importante para o desenvolvemento local da zona do Val do Miño e que existen diversas estruturas e profesionais a traballar na promoción da creación de empresas.
Deste xeito, a Deputación de Pontevedra colabora no apoio á mobilidade de emprendedores en toda a área do Miño e na busca de solucións dende unha perspectiva europea e transfronteiriza que supere bloqueos históricos.
Resalta tamén a próxima realización doutra Mesa Redonda “Políticas de Apoio ao Desenvolvemento Rural” que terá lugar, o próximo dia 4 de novembro, na sede da entidade Uniminho, en Valença do Minho, que pretende tamén dinamizar unha rede de cooperación de desenvolvemento rural no territorio do Val do Miño Transfronteirizo.
in Morrazo Tribuna
Sem comentários:
Enviar um comentário