As parroquias tudenses de Paramos e Baldráns e a valenciana de Verdoejo vanse unir este domingo na I Xuntaza Luso-Galaica que se vai celebrar no Parque de Merendas de Vedoejo, a seis quilómetros do centro urbano de Valença en dirección Monçao.
Esta iniciativa buscar fortalecer as
relacións existentes entre os veciños dunha e doutra beira do Miño
que compartirán unha xornada de convivencia celebrando un completo
programa de actividades. A cita comeza ás once da mañá coa
apertura da Xuntanza da manda dun grupo de bombos de Portugal. Ás
12h celebrarase no lugar misa solemne, para a continuación celebrar
un xantar campestre no que cada un levará a súa comida, pero tamén
haberá polbo á feira a prezos populares. Pola tarde actuarán os
grupos de gaitas de beira galega que xunto á celebración de xogos
tradicionais, sendeirismo, representacións teatrais e inchables para
os pequenos farán que a tarde sexa moi entretida xunto a actuación
dun grupo musical. Á tardiña servirán porco ao espeto e para
rematar farán a tradicional queimada. Agardan a participación de
duascentas persoas.
A idea que partiu da freguesía de
Verdoejo foi moi ben acollida tanto en Baldráns coma en Paramos ante
as relacións históricas existentes xa entre a poboación. Esta
actividade nace con vocación de continuidade e cada ano irá rotando
por unha parroquias participantes.
Con esta xuntanza proséguese a senda
de colaboración establecida no seo da Eurocidade entre tudenses e
valencianos. Nesta iniciativa colaboran o Concello de Tui, a Cámara
de Valença, a Junta de Freguesía de Verdoejo, e os centros
culturais Val de Flores de Baldráns, e Laxes de Paramos, así coma a
Deputación de Pontevedra.
Sem comentários:
Enviar um comentário