Dous nenos saharauís Mohamed de 12 anos e Ashma de 8 anos pasarán o verán en Tui no seu dunha familia tudense. Os dous chegan á cidade grazas ao programa Vacacións en Paz que promove a Asociación Galega de Solidariedade co Pobo Saharauí.
Mohamed é xa o cuarto ano que disfruta destas vacacións en Tui e pola súa idade será a derradeira ocasión en que pode acollerse a este programa. Esta mañá recoñecía coma o que máis lle gusta é a piscina e a tortilla de pataca. No casco de Asma repite por segundo ano consecutivo a súa estadía de verán.
Os dous, xunto coa súa familia de acollida, foron recibidos esta mañá no Concello de Tui polo alcalde, Moisés Rodríguez, e a concelleira de Servizos Sociais, que os agasallaron cuns xoguetes e unhas mochilas.
Sem comentários:
Enviar um comentário