Hai uns días o Club Atletismo Tui-Thermalia, a través dun dos seus directivos, Justi Peixoto, fixo entrega a José Quinteiro, presidente da Asociación Asistencial SOS Baixo Miño, dun cheque por valor de 400€ correspondente á recadación na organización da III Eurocidade 10, celebrada o pasado 8 de xuño.
O responsable do Club Atletismo Tui-Thermalia estivo acompañado polo alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro de Deportes, Nicolás Lorenzo, o vereador de Desporto de Valença, José Monte, así como outros concelleiros de Tui, organizadores tamén desta proba deportiva, que contou con preto de 750 atletas.
Coa entrega deste cheque, o Club Atletismo Tui-Thermalia e o Concello de Tui promoven a solidariedade coas entidades benéficas na Eurocidade 10, dado que tamén nesta edición os trofeos desta proba foron realizados polos usuarios da Asociación Avelaíña da Guarda, que axuda as persoas con problemas de saúde mental.
Sem comentários:
Enviar um comentário