O Parque do Laxal en Rebordáns acolle o próximo martes, 29 de xullo, ás 21.30h a XI Noite Internacional do Miño organizada pola Escola de Baile e Gaitas San Fins de Rebordáns coa colaboración do Concello de Tui. A entrada é gratuíta.
Esta cita co folclore, xa consolidada no verán tudense, achéganos cada ano unha mostra dos bailes e cancións de distintos países. Este ano os grupos chegan dende Arxentina, Turquía, Ecuador e África do Sur. Cada ano o festival reúne a preto de mil persoas no Parque do Laxal.
A Compañía Arxentina de Arte Folklórico –C.A.F- da Cidade de General Roca (Río Negro) ten como obxectivo difundir música e danza do folclore Arxentino. Está dirixida por Marcos Fuentes e composta por músicos e bailaríns de diversas provincias que teñen actuado en varios países europeos, como Portugal, Alemaña, Polonia, España, Francia e Italia. O seu repertorio basease en bailes de diferentes rexións de Arxentina, interpretadas dun xeito novo e atractivo, onde o entusiasmo do público mantense en toda a presentación, destacando entre eles, bailes como o tango e o malambo.
HAYFEM foi fundada en 1986 en Turquía incluíndo no seu repertorio bailes populares de sete rexións turcas. Formado por oitenta persoas o grupo ten participado en diversos festivais de toda Europa e logrando varios trofeos en varias competicións. HAYFEM organiza tamén o seu propio festival, HAYFEMFEST. O grupo utiliza nos seus bailes os traxes das diferentes rexións do país.
Cuniburo Cultural fundouse en abril de 1992 achegando aos mozos o arte da danza e da música da rexión de Cayambe e da ciudad de Quito, así como doutras rexións do Ecuador. O grupo está composto pola parte musical Nanpi (palabra quichua que significa “camiñando”) e na danza por Allpamanta (palabra quichua que significa “na terra”). Esta agrupación forma parte da CIOFF e conta con varios premios a nivel nacional e internacional, realizando actuacións en todo o país e a nivel internacional en Brasil, Venezuela, Paraguay, Francia, Italia e Portugal.
“Mazibuye Emasisweni” de África do Sur é unha iniciativa de Jerry Bongani Zwane xunto coa mocidade de Kathorus, que son áreas xeográficas que compoñen a comunidade. O principal obxectivo deste proxecto é para romper o ciclo de violencia, desesperación e rabia entre os mozos, así como mostrar os anciáns que aínda están interesados na tradición. Investigan nas raíces culturais variadas de Sudáfrica para aprender varias danzas e estilos de vida/tradicións das festividades.
Sem comentários:
Enviar um comentário