O cárcere vello, na rúa Sanz, no Conxunto Histórico de Tui acolle este sábado, 26 de xullo, o sétimo Mercado da Verdura. Esta iniciativa organizada polo Concello de Tui, APEGA, Asociación de Produtores Ecolóxicos Galegos, e o Foro Tude vense celebrando dende o mes de abril cada segundo e último sábado de mes.
Os consumidores poderán atopar tomates, pementos, berenxenas, xudías, plantas aromáticas, entre outros produtos ecolóxicos de temporada. O mercado abrirá as súas portas de 10 a 14h.
Sem comentários:
Enviar um comentário