Mañá xoves, 24 de xullo, ás 22.30h terá lugar na Praza de San Fernando a primeira proxección de cinema ao aire libre en Tui deste verán. En concreto vaise proxectar “Monster University”. Esta película de animación achéganos a historia de dous grandes amigos, os monstros Mike Wazowski e James P. Sullivan. Cando se coñeceron non se soportaban pero aprenderon a superar as súas diferenzas e convertéronse en grandes amigos.
Esta será a primeira das proxeccións previstas para este verán en Tui. As tres seguintes serán “Brave” o 2 de agosto, “Los Croods” o 14 de agosto, e “Frozen” o 30 de agosto.
Sem comentários:
Enviar um comentário