O Campamento de Verán Tui 2015 iniciará mañá mércores 1 de xullo a súa primeira quenda, que contará coa participación de máis de 160 nenos e nenas.
O campamento dará comezo ás 9 da mañá, no novo pavillón deportivo municipal. Malia a iso, os monitores estarán na aula matinal, a partir das 8 horas, para todos aqueles pais e nais que o solicitaran na solicitude.
As 09.30 horas realizarase o acto de presentación, ó que están invitados todos os pais e nais dos nenos e nenas participantes. No acto, o coordinador do campamento explicará as normas básicas do mesmo.
A segunda quenda iniciarase o día 16 de xullo. Para rematar, a terceira quenda terá lugar dende o 3 ó 14 de agosto.
Sem comentários:
Enviar um comentário