O Concello de Tui concedeulle a licenza a Vodafone para desmontar a polémica antena de telefonía móbil no camiño das Valiñas, dentro da parroquia tudense de Randufe. Esta antena foi declarada ilegal polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia en decembro do 2013, e ademais foi precintada pola Policía Local o ano pasado.
Os veciños denunciaron no ano 2011 a existencia desta antena esixindo a súa retirada, xa que durante anos estiveron expostos á contaminación electromagnética da estación, e padeceron innumerables problemas de saúde asociados.
Sem comentários:
Enviar um comentário