Todas as persoas que queiran facer unha fogueira deberán solicitar o permiso no Rexistro Xeral do Concello
O Concello de Tui vén de facer público un bando onde se recollen as normas a seguir para realizar as fogueiras da Noite de San Xoán.
Deste xeito, todas aquelas persoas físicas ou xurídicas que teñan a intención de realizar unha fogueira, deberán solicitar o permiso no Rexistro Xeral do Concello, especificando o nome, enderezo, teléfono e DNI, do que se terá que achegar unha fotocopia.
Os interesados en realizar as fogueiras teñen que presentar a Póliza de Seguro de Responsabilidade Civil, cunha cobertura polo importe de 150.000 euros. O lugar de realización do lume debe gardar unha distancia de 20 metros como mínimo de árbores e casas. Porase especial coidado de situalas nunha zona forestal, nin baixo tendidos eléctricos e telefónicos.
Por outra banda, os responsables da fogueira teñen que ter a man mangueiras e extintores no caso do descontrol do lume, e é necesario dispoñer dunha pequena caixa de primeiros auxilios. Queda totalmente prohibido queimar pneumáticos, plásticos e calquera substancia que conteña líquidos inflamables ou gases a presión. Tamén se prohibe facer fogueiras nas praias.
De existir algún contratempo, darase inmediata conta ó servizo de urxencias e á Policía Local, no teléfono 986 603 677, ó número de incendios forestais 085, ou ben ó 112.
Todos aqueles interesados en completar a información deste Bando, poderán achegarse ó Concello de Tui.
Sem comentários:
Enviar um comentário