A subvención, con cargo aos orzamentos da Consellería de Traballo e Benestar, irá dirixida a 20 alumnos/as participantes
O concello de Tui recibe unha subvención por parte da Consellería de Traballo e Benestar, polo importe global de 178.157 euros, para o financiamento dos cursos de formación profesional para o emprego.
Estes fondos están destinados para a realización do proxecto de obradoiro de emprego “Descubre Tui 2015”, dirixidos a 20 alumnos/as traballadores/as. Deste xeito, haberá 10 alumnos para a especialidade de “Promoción turística local e información ó visitante”, e outra decena dirixida ó “Deseño de produtos gráficos”.
O proxecto ten unha duración de 5 meses, e a data prevista de inicio está marcada para o 1 de setembro de 2015, e a de remate para o 29 de febreiro do ano 2016.
A iniciativa propón, por unha banda, o deseño para a promoción turística dunha guía de recursos turísticos do Concello de Tui, e accións de difusión dos recursos naturais, patrimoniais e etnográficos propios, mediante visitas guiadas e stands informativos. Tamén presenta o deseño e a creación dun plan de promoción e dinamización turística local.
Por outra banda, a segunda especialidade contempla o deseño e a implementación de contidos gráficos e multimedia nas áreas culturais e turísticas, ademais da creación de materiais para xerar un manual básico de funcionamento dunha asociación.
Os custes de formación, persoal directivo, docentes e de apoio, así como os gastos salariais dos alumnos traballadores participantes, poderán ser cofinanciados pola Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo, mediante o Programa Operativo de Adaptabilidade e Emprego, nunha porcentaxe do 80%.
Sem comentários:
Enviar um comentário