Estímase que o novo establecemento xerará preto de 80 postos de traballo
A xunta de goberno do Concello de Tui comunica que concedeu á compañía de alimentación Mercadona, licenza para construír un supermercado en Areas, preto doutros establecementos como o Lidl e o Gadis. A coñecida cadea de alimentación investirá na construción dun supermercado e máis dun aparcadoiro na estrada de Anta 2,6 millóns de euros.
Estímase que o novo establecemento xerará preto de 80 postos de traballo, que beneficiarán directamente á poboación da cidade de Tui e á súa contorna.
O edificio terá unha única planta e contará cunha altura máxima de 10 metros e o peche da finca terá como máximo dous metros de altura en todo o seu perímetro, excepto a fachada. O prazo máximo para o inicio e para o remate das obras é de entre 6 meses e 3 anos respectivamente dende a data de outorgamento da licenza.
Mercadona leva insistindo durante tempo no seu interese por ubicarse nesta área, aínda que explica que polo momento aínda non ten previsto facer as obras de construción deste establecemento.
A concesión da licenza obriga ós propietarios a completar pola súa conta a urbanización para habilitar os servizos urbanos e regularizar as vías públicas.
Sem comentários:
Enviar um comentário