sábado, 2 de julho de 2016

ÁREA RECREATIVA DE SAN FINS MONTE ALOIA

Área en torno á ermida de San Fins, que foi construida pola Comunidade de Montes no ano 1995 sobre restos do que dí a tradición oral  puido ser antigamente unha ermida, ou quizais tamén puidera tratarse dun muíño, por estarao carón dun regato estacional. Celébrase a romaría de San Fíns o primeiro domingo  de agosto.
Tamén discorre  ao seu carón outra ruta de sendeirismo: a ruta dos Muiños de Paredes. O  arborado da Área está formado por carballos, castiñeiros e piñeiros que dan boa sombra no verán.
Concello: Tui
Parroquia: Rebordáns
Lugar: Ermida de San Fins
 Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T:     X    527332       Y  4659223
Instalacións:     - Acceso a persoas con discapacidade (non está adaptada)
                         - Fonte de auga potable
                          - Bancos e mesas.
                          - Asadores.
                          -Parque infantil.
Acceso:            Coche: Si      Autobús : NON
in ANABAM

Sem comentários:

Enviar um comentário