O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o concelleiro de Persoal, José Ramón Magán, deron esta mañá á benvida ás 22 persoas que traballarán no Concello ata finais de ano grazas á achega de 225 mil euros da Deputación de Pontevedra dentro do Plan Concellos 2017. Esta mesma mañá realizaron o curso de prevención de riscos laborais coma paso previo á incorporación aos seus postos de traballo. Precisamente o concelleiro de Persoal, José Ramón, fixo un chamamento a que fosen especialmente coidadonos no cumprimento das normas de seguridade e hixiene no traballo para evitar así calquera tipo de accidente laboral.
En concreto foron contratados 10 peóns de limpeza, 3 oficiais de segunda albaneis, 1 oficial de segunda carpinteiro, e 1 oficial soldado/cerralleiro, para o servizo de obras a razón de 35 horas semanas, queda pendente a contratación dun 1 oficial condutor xa que ningunha das persoas que se presentaron superou as probas. Tamén se contrataron 7 auxiliares administrativos tres deles durante 30 horas semanas e 4 cun contrato de 25 horas semanas para diversos servizos municipais.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, felicitou a estas 22 persoas por ter superado o proceso selectivo que lles da acceso a un posto de traballo de carácter temporal. Nese senso aludiu a precariedade laboral que arestora en o Concello, amosando a vontade do goberno municipal de convocar en breve a oferta de emprego público para cubrir as prazas que hai vacantes.
Sem comentários:
Enviar um comentário