Mañana martes 14, ás 11.30 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, realizarase a recepción ao equipo alevin feminino do CEIP de Guillarei, que participou nos pasados días no campionato provincial de campo a través, acadando a segunda posición. O equipo integrado por Tatiana Muñoz, Alejandra Cabaleiro, Laura Ramírez, Saula Rocha, Kholoud Rouchdi e Nuria Silva, que obtiveron a segunda posición ante os mellores clubes da provincia, por problemas operativos, non puideron recoller o trofeo de subcampioas, polo que será entregado nesa mesma recepción.
Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de deportes, Laureano Alonso, a concelleira de educación, María José González, o coordinador de deportes da Xunta en Pontevedra, Guillermo Reinaldo, a directora do CEIP de Guillarei, Liliana González, o profesor de educación física do colexio, Fernando Domínguez, un representante do AMPA de Guillarei e de Agrudebam, así como as integrantes do equipo subcampión.
Sem comentários:
Enviar um comentário